miércoles, 21 de abril de 2010

A Coruña 21 de abril de 1980.


Hoxe, cando o Sol canso e feble
Comenzou a caer no horizonte,
Acordeime de ti, irmán,
Das nosas rifas e pelexas,
Das nosas duras discusións.

Por que tantos desgustos
Se agora, cando a túa presenza falta,
Todo son saudades e amargos recordos?

Hoxe, Javier, irmán, pensei en ti
E na familia estragada pola túa ausencia.
E, porén, todos teus os recordos
Foron gratos e emotivos.

Hoxe, de novo, vivín xunto a ti,
Volvemos rifar por uns minutos,
E descubrín, que no fondo,
Aprécioche e quéroche.

Hoxe, javier, viviches outra vez...
Co teu irmán.

">

No hay comentarios: