sábado, 6 de agosto de 2011

Dos poemas Luz e sombras de amor resucitado.

Tristemente convivo coa túa ausencia
sobrevivo á distancia que nos nega
mentres bordeo a fronteira entre dous mundos
sen decidir cal deles pode darme
a calma que me esixo para amarte
sen sufrir pola túa indiferencia
a miña retirada preventiva
dunha batalla que xa sei perdida
resolto a non entrar xamais en ti
pero non á tortura de evitarte.

Lois Pereiro
Monforte de Lemos,1958-A Coruña,1996
Dia das Letras Galegas 2011

1 comentario:

Anónimo dijo...

Un verso sólo compromete a su autor, y ni siquiera.

Manuel Rivas